Gallego Abad, Elena

DRAGAL I : A herdanza do dragón / Elena Gallego Abad - 13ª ed. - Vigo : Edición Xerais de Galicia , 2022 - 258 p. ; 13 x 21 cm - Fóra de xogo .

Finalista Premio Fundación Caixa Galicia, 2009

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

1º-2º ESO 3º-4º ESO

978-84-9914-134-3

82N-G

Coa tecnoloxía Koha