Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Guía da flora : Fragas do Eume, Parque Natural / Íñigo Pulgar Sañudo, Javier Amigo Vázquez, Joaquín Giménez de Azcárarte Cornide

por Pulgar Sañudo, Íñigo; Gómez Orellana, Luis [ilustrador/a]; Pulgar Sañudo, Íñigo [fotógrafo/a]; Amigo Vázquez, Javier [autor/a]; Giménez de Azcárarte Cornide, Joaquín [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Xunta de Galicia , D.L. 2016 Edición: Reedición 2016.Descrición: 108 p. : il. e fot. cor ; 22 x 12 cm.ISBN: 9788445344521.Materia(s): Flora -- Parque Natural Fragas do Eume -- BotánicaResumo: Esta guía deseñouse na mesma liña que as realizadas para outros parques naturais de Galicia: as de Baixa Limia-Serra do Xurés, Montes do lnvernadeiro, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e Sorra da Enciña da Lastra. O lector que xa puidese utilizar algunha das anteriores atopará resta un tipo de información e unha maneira de a expor moi similares ás das guías xa publicadas. Quen se asome por vez primeira a esta guía deberá aceptar que o que nela se ofrece é unha información botánica sobre unha selección de especies de plantas vasculares representativas, que non exclusivas, do Parque Natural fragas do Eume. Non se trata en ningún caso dun catálogo completo, xa que este é un traballo que aínda non se emprendeu; en calquera caso, unha lista da flora vascular do parque non debería ter menos de 500 especies, mentres que o que aquí se mostra é unha representación parcial que recolle un colectivo de 181 especies. Quixeramos recalcar algo que mantén esta en común coas guías dos outros parques naturais galegos: o formato estreito leste libro e a necesaria brevidade nos textos descritivos das especies son unha servídume do obxectivo delta obra como "guía de peto". Pero a ordenación e a designación das especies están realizadas co máximo rigor científico, igual que a información sobre as descricións das especies ou a súa distribución; non se cita ningunha especie cuxa presenza non se confirmase nos últimos anos no territorio do parque natural. A finalidade da obra non é outra que a de que o visitante interesado poida afondar algo máis no coñecemento do patrimonio natural que o parque atesoura, ben a través da identificación sobre o terreo das especies vexetais que poden chamar a súa atención, ben por medio do coñecemento de qué especies singulares ou de gran valor se agachan na súa espesura e precisan da persistencia dos bosques para a súa supervivencia. (Introdución da guía)
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Fernando Blanco
Sala préstamo
58 PUL par Dispoñible CED072000012411

Índice

Esta guía deseñouse na mesma liña que as realizadas para outros parques naturais de Galicia: as de Baixa Limia-Serra do Xurés, Montes do lnvernadeiro, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e Sorra da Enciña da Lastra. O lector que xa puidese utilizar algunha das anteriores atopará resta un tipo de información e unha maneira de a expor moi similares ás das guías xa publicadas. Quen se asome por vez primeira a esta guía deberá aceptar que o que nela se ofrece é unha información botánica sobre unha selección de especies de plantas vasculares representativas, que non exclusivas, do Parque Natural fragas do Eume. Non se trata en ningún caso dun catálogo completo, xa que este é un traballo que aínda non se emprendeu; en calquera caso, unha lista da flora vascular do parque non debería ter menos de 500 especies, mentres que o que aquí se mostra é unha representación parcial que recolle un colectivo de 181 especies. Quixeramos recalcar algo que mantén esta en común coas guías dos outros parques naturais galegos: o formato estreito leste libro e a necesaria brevidade nos textos descritivos das especies son unha servídume do obxectivo delta obra como "guía de peto". Pero a ordenación e a designación das especies están realizadas co máximo rigor científico, igual que a información sobre as descricións das especies ou a súa distribución; non se cita ningunha especie cuxa presenza non se confirmase nos últimos anos no territorio do parque natural. A finalidade da obra non é outra que a de que o visitante interesado poida afondar algo máis no coñecemento do patrimonio natural que o parque atesoura, ben a través da identificación sobre o terreo das especies vexetais que poden chamar a súa atención, ben por medio do coñecemento de qué especies singulares ou de gran valor se agachan na súa espesura e precisan da persistencia dos bosques para a súa supervivencia. (Introdución da guía)